DISTRITO MALLOS
ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES
A Coruña
distrito os mallos
(+34) 623 744 226
Historia
No ano 1994, a Asociación de Comerciantes Mallos-Estación solicitou a un grupo de persoas a toma de posesión e a organización da asociación, que daquela non tiña nin socios nin lista. Despois de estudar a situación da zona, en 1996 asinouse a acta fundacional e constituíuse unha xunta directiva que traballou durante os catro primeiros anos para afiliar a asociados, crear un novo logotipo, estatutos, sede social, etc. No ano 2001 celebrouse a primeira Asemblea e elixiuse a primeira Xunta presidida por José Salgado. En 2004 nomeouse a segunda Xunta, presidida tamén por Salgado. Nestes anos foron homenaxeados como socios de honra D. Carlos Monteagudo e D. José Folgueira.